Home / Sociedad / Educación / O Concello de Narón non cede na polémica dos comedores escolares

O Concello de Narón non cede na polémica dos comedores escolares

FERROL360 | Venres 25 octubre 2013 | 18:26

Xunta de Galicia e Concello de Narón non son quen de chegar a un acordo para poñer fin á polémica dos comedores escolares. O alcalde do municipio, José Manuel Blanco, solicitou unha nova xuntanza cos responsables da Consellería de Educación para «coñecer a información da que dispón a Xunta sobre o número de usuarios deste servizo». E é que segundo explican dende a administración local ese número non se corresponde «cos datos reais que se lle enviaron no seu momento dende o Concello».

Dende o goberno local explican que o baile de cifras provocou que «un bo número de nenos quedasen fora do servizo de comedor, ó non aparecer nas listaxes de usuarios», a pesares de ter recoñecido o dereito nos cursos anteriores, nos que si fixeron uso do mesmo. Ademáis, o Concello indica que a Xunta «tampouco preveu a prestación do servizo de almorzo, polo que actualmente non o está a ofertar nestes centros».

Neste senso, o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, enviou unha comunicación a todas as familias con nenos escolarizados nalgún dos centros onde se presta este servizo, para coñecer de primeira man a realidade desta situación.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies