Home / Sociedad / Educación / O Concello de Narón urxe á Xunta a ampliar as prazas de comedor no CPI do Feal

O Concello de Narón urxe á Xunta a ampliar as prazas de comedor no CPI do Feal

FERROL360 | Luns 10 outubro 2016 | 18:44

O goberno local de Narón respalda á solicitude do Consello Escolar do CPI do Feal para instar á Xunta a ampliar o número de prazas de comedor escolar para este curso. A edil de Ensino, Mercedes Taibo, critica que a Xunta non atenda as reclamacións formuladas polo Consello Escolar e a Anpa do centro ante o Servizo de Xestión de Comedores Escolares.

Este organismo, dependente da Consellería de Ensino, rexeitou ampliar as 89 prazas de comedor dispoñibles no colexio do Feal, o que supón deixar fóra deste servizo a preto dun cento de demandantes. «Desde o goberno local de Narón respaldamos unha por unha as reivindicacións formuladas desde o Consello Escolar e a Anpa do Feal», declarou Taibo.

Asemade, a concelleira urxe á Xunta «a revisión dos criterios de preferencia para a concesión das prazas de comedor, porque a incompatibilidade laboral é o último indicativo valorado e precisamente é un dos que consideramos fundamentais de cara á conciliación da vida familiar dos usuarios do servizo», recalcou Taibo.

A edila asegurou que as instalacións do centro dispoñen de capacidade para un total de 144 usuarios, co que o espazo non representaría impedimento para ampliar as prazas existentes. Taibo respaldou tamén as iniciativas desenvolvidas desde a comunidade educativa do centro, que presentou case 800 sinaturas solicitándolle á Xunta unha solución a esta problemática.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies