Home / Actualidad / O Concello de Neda asume as obras de mellora do colexio público San Isidro

O Concello de Neda asume as obras de mellora do colexio público San Isidro

CEIP San Isidro de Neda (foto: Xunta)

CEIP San Isidro de Neda (foto: Xunta)

FERROL360 | Luns 9 setembro 2013 | 13:47

O colexio público San Isidro de Neda será obxecto dunha serie de obras para mellorar as súas instalacións. Así, os traballos comprenden a reparación da cuberta do patio exterior, dotación de novos xogos ao parque infantil, limpeza do patio exterior e cambio do areeiro. Tamén se van levar a cabo obras de climatización, dotando ao centro de deshumidificadores e substituíndo os cristais en mal estado.

A maioría destas actuacións serán financiadas polo propio Concello de Neda, a cargo do orzamento municipal. Con todo, o alcalde do municipio, Ignacio Cabezón, confía en que a Consellería de Educación preste o seu apoio económico para poder afrontar algunhas peticións de maior calado.

Por outra banda, o Concello quere reforzar a seguridade de peóns e conductores mellorando a súa visibilidade. Deste xeito, instalarase un espello no acceso ao centro educativo dende a Avenida de Alxeciras. Todas estas actuacións arrancarán proximamente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies