Home / Actualidad / O Concello de Neda lembra ós veciños que o PXOM debe publicarse no DOG antes de expoñerse publicamente

O Concello de Neda lembra ós veciños que o PXOM debe publicarse no DOG antes de expoñerse publicamente

FERROL360 | Xoves 4 setembro 2014 | 18:26

Os veciños de Neda terán acceso a toda a documentación relativa ao Plan Xeral de Ordenación Municipal unha vez se publique no Diario Oficial de Galicia. «Nese momento, e nunca antes, debe darse ese paso na tramitación, en cumprimento estricto da legalidade», informan desde o Concello ao tempo que sinalan que «facilitar información fóra destes prazos sería incurrir en ilegalidade».

O Concello quere aclarar este punto ante as numerosas consultas recibidas tanto na casa consistorial, vía telefónica e presencial. En todo caso, o Concello avanza que cando o PXOM estea a disposición pública os veciños poderán consultar os planos e documentación no salón de plenos. Asimesmo, o arquitecto municipal adicará un tempo específico da súa xornada a atender calquer demanda de información relativa ao PXOM.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies