Home / Actualidad / O Concello de Pontedeume coloca paneis solares nas instalacións deportivas municipais

O Concello de Pontedeume coloca paneis solares nas instalacións deportivas municipais

FERROL360 | Sábado 15 outubro 2016 | 12:05

As instalacións deportivas do campo de fútbol e do pavillón polideportivo de Pontedeume contan con oito paneis solares cada unha, que permitirán ao Concello aforrar un 50 % do consumo eléctrico. Deste xeito, a administración local reducirá o gasto nuns 2.000 euros anuais.

Estes paneis quentarán a auga nuns acumuladores de 1.500 litros como apoio aos sistemas existentes de propano e termos eléctricos. O prazo de amortizacion desta inversión será de dous anos, grazas a unha subvenciòn do 75 % do custo total outorgada polo INEGA.

Ademais do aforro no gasto, o Concello de Pontedeume quere apostar tamén polo respecto ao medioambiente coa utilización o máximo posible dunha enerxía verde e renovable e contribuír asi na reducción das emisións de CO2 ao aire.

Segundo o alcalde, Bernardo Fernández, esta aposta polas enerxías renovables é firme xa que non só melloran a calidade ambiental senon que tamén supoñen un aforro para os veciños en canto ao custe enerxético.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies