FERROL360 | Mércores 6 abril 2016 | 12:37
O vindeiro 23 de abril conmemórase o Día do Libro pero o Concello de Pontedeume decidiu organizar durante todo o mes un programa cheo de actividades para todos os públicos centrado na arte da lectura.
Este xoves, da man de Trinketrinke Teatro, terá lugar a representación do espectáculo O Coelliño Branco. Ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal. Neste mesmo espazo, o próximo xoves día 14, ás 20:00 horas, presentarase o libro Querido H.P. Lovecraft de Antonio Manuel Fraga.
O venres 22 ás 19:00 horas, a Casa da Cultura acollerá a representación de Fantasía coas palabras e Música, da man de Papi e Mami.
Festa do libro
O domingo, 24 de abril, celebrarase a Festa do Libro na praza Real, con actividades durante toda a xornada. Dende ás 12:00 horas haberá unha exposición e venda de libros polas e a partir das 12:45 horas, a compañía Teatro dos Ghazafelhos levará o teatro á rúa con As mil e unha noites. Despois, ás13:30 horas celebrarase un concerto a cargo da Banda da Escola de Música Charamela e, ao remate, haberá un sorteo dun lote de libros entre os asistentes.