Home / Deportes / O Concello de San Sadurniño achega 12.000 euros ao club de fútbol

O Concello de San Sadurniño achega 12.000 euros ao club de fútbol

FERROL360 | Venres 29 abril 2016 | 10:36

O Concello de San Sadurniño renova un ano máis o seu compromiso co club de fútbol da localidade. O alcalde Secundino García e o presidente da entidade deportiva, José Luís García, veñen de formalizar un acordo a través do cal, o organismo municipal achegará 12.000 euros para seguir mantemento as escolas de fútbol durante 2016.

A cambio, o club comprométese a colaborar co Concello na organización de eventos relacionados co fútbol, a xestionar as escolas deportivas municipais durante 9 meses e a manter en bo estado as instalacións para a práctica deste deporte. A contía este ano é inferior á que o club viña recibindo con anterioridade debido á redución dos custes de mantemento do campo da piscina tras a súa conversión a herba artificial.

O C.F. San Sadurniño ten nestes momentos sete categorías, que suman máis dun cento de nenos e nenas no caso do fútbol base. Neles inclúese un equipo feminino disputando a liga comarcal de fútbol 8 e un equipo masculino absoluto na Segunda Autonómica.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies