Home / Deportes / O Concello de San Sadurniño destinará 18.000 euros ao club de volei Aldebarán

O Concello de San Sadurniño destinará 18.000 euros ao club de volei Aldebarán

FERROL360 | Mércores 6 abril 2016 | 13:42

O Concello de San Sadurniño renova un ano máis o seu compromiso co club de volei Aldebarán-Intasa a través dun convenio que foi asinado este martes polo alcalde, Secundino García, e o presidente da entidade deportiva, Juan Manuel García.

A administración local destinará 18.000 euros -3.000 euros máis ca o ano pasado- para o desenvolvemento das actividades dun club que conta na actualidade con sete equipos nas distintas categorías das ligas provincial e galega, ademais da escuadra da Superliga Masculina (SM2), sumando un cento de xogadores e xogadoras.

Mediante este acordo, o Aldebarán comprométese a manter as escolas durante nove meses ao ano e a colaborar coa administración local na promoción e na organización de eventos deportivos. Ademais, terá un acceso preferente ao pavillón municipal e continuará dispoñendo dun local no propio recinto, correndo o Concello cos gastos de mantemento das instalacións.

Partido contra o Playas del Médano en Tenerife

O primeiro equipo desprazarase esta fin de semana a Tenerife para xogar o último partido de liga contra o Playas del Médano. Alí buscará unha vitoria que lle asegure o remate ligueiro nos postos de cabeza e que, ademais, certifique unha das temporadas máis exitosas do club.

O encontro, que se xogará ás 17:00 horas, ofreceralle ao cadro de San Sadurniño a oportunidade de asegurar o cuarto posto na táboa clasificatoria. Unha cuarta posición que serviría para certificar un peche de temporada histórico no que o equipo se fixo coa Copa Príncipe e logrou converterse durante varias xornadas en firme candidato ao ascenso á máxima categoría do volei estatal.

A obtención da copa foi, en palabras do presidente deportivo «algo magnífico» que se conseguiu despois de tres anos «buscando o noso sitio» na liga.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies