Home / Sociedad / O Concello de Valdoviño chama ás asociacións a inscribirse no Rexistro Municipal

O Concello de Valdoviño chama ás asociacións a inscribirse no Rexistro Municipal

FERROL360 | Sábado 15 outubro 2016 | 18:15

Co obxectivo de actualizar a información para poñer en marcha iniciativas de apoio á acción que desenvolve o tecido asociativo de Valdoviño, o Concello chama ás entidades do municipio a inscribirse no Rexistro Municipal.

Desde o goberno local lembran ademais que a inscrición permite o acceso ás convocatorias de axudas municipais. As entidades deben cubrir o correspondente escrito na casa consistorial e presentalo nas oficinas do Rexistro.

O alcalde, Alberto González, explica que moita da información que figura nas bases de datos municipais está obsoleta e engade que a inscrición no Rexistro permite ás asociacións o acceso ás convocatorias de axudas promovidas polo Concello e, á Administración local, coñecer a súa actividade de cara a pór en marcha iniciativas e actuacións que apoien a súa acción.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies