Home / Sociedad / Entidades sociales / O Concello e o Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo do Puntal compartirán o uso da Casilla

O Concello e o Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo do Puntal compartirán o uso da Casilla

FERROL360 | Luns 20 outubro 2014 | 13:45

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o presidente do Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo do Puntal, Eladio Romero, asinaron un convenio de colaboración polo que o Concello cederá á entidade o uso da Casilla de Legoeiros do Puntal.

O convenio ten unha vixencia de cinco anos e busca promocionar e favorecer o movemento asociativo con fins culturais, sociais e deportivos a favor da veciñanza. Así, o uso por parte do Círculo tampouco exclúe as actividades que outras entidades estivesen interesadas en programar nestas instalacións municipais.

Neste caso, os promotores das citadas iniciativas deberán comunicarllo previamente ao Círculo. E, sempre que o Concello precise utilizalas para accións de interese municipal –actos electorais, cursos, reunións…- terá preferencia absoluta no seu uso coa comunicación previa ao Círculo.

Pola súa banda, a entidade encargaráse de abonar os custes proporcionais de luz e auga e a responsabilidade do coidado, así como dos danos que puidesen derivarse do seu uso.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies