Home / Ferrol / O Concello de Ferrol organiza excursións a San Froilán e a San Lucas para maiores de 60 anos

O Concello de Ferrol organiza excursións a San Froilán e a San Lucas para maiores de 60 anos

FERROL360 | Sábado 3 octubre 2015 | 19:00

O Concello de Ferrol organiza dúas viaxes para maiores de 60 anos para San Froilán en Lugo, o día 10 de outubro, e para a festividade de San Lucas, en Mondoñedo, o 18 de outubro, habilitando dous autobuses en ámbolos dous casos.

A saída para cada unha das viaxes será ás 9:00 da mañá da praza de Galicia, fronte ao edificio de Correos, e o regreso a Ferrol ás 20:00 horas. O prezo por cada viaxe é de 8 euros por persoa, xa que colabora o Concello coa financiación da actividade.

Os solicitantes deben de estar empadroados e ter residencia efectiva en Ferrol (se é unha parella terán que estar ambos empadroados/as en Ferrol), ter máis de 60 anos, ser pensionista de xubilación do sistema da seguridade social, pensionista de viudedade cunha idade igual ou superior a 60 anos, pensionista de invalidadez ou outras pensións ou prexubilados/as maiores de 60 anos. O cónxuge ou parella de feito (rexistro municipal) non terá que cumprir os requisitos.

A inscripción se fará por rigurosa orde de chegada e será individual agás os matrimonios ou parellas de feito inscritas no rexistro municipal en que poderá facela un dos membros da parella co DNI do outro.

A inscrición será este mércores no Edificio Social na rúa Sánchez Barcaiztegui dende as 9:00 horas ás 13:30 horas e ata que se cubran as prazas por riguroso orde de inscrición.

Para a viaxe de Mondoñedo terán preferencia as persoas que non poideron optar a viaxe de San Froilán.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*