Home / Cultura / O concerto de Ux?a Senlle e unha festa de entroido impulsar?n a creaci?n dunha escola de ensino en galego

O concerto de Ux?a Senlle e unha festa de entroido impulsar?n a creaci?n dunha escola de ensino en galego

ARY L?PEZ | Venres 21 febreiro 2014 | 16:03

A Asociaci?n Cultural Semente Trasancos, en colaboraci?n co colectivo Terra de Pontedeume, organiza este domingo unha xornada festiva para t?dolos p?blicos que incl?e unha festa de entroido e un concerto de Ux?a Senlle.

O motivo desta cita ? recadar fondos para po?er en marcha un espazo educativo de ensino en galego para nenos e nenas de entre 2 e 6 anos de idade.

Olaia Ledo, que forma parte do colectivo Semente Trasancos, explica que dende hai alg?n tempo levan facendo diferentes actividades para conseguir reunir fondos suficientes ?para impulsar a creaci?n dunha escola de ensino en galego semellante ? que leva funcionando en Santiago dende hai tres anos?. Os principios que perseguen son ?fomentar o contacto coa natureza entre os m?is pequenos, crear un espazo de educaci?n inclusivo e promover a ensinanza en galego?.

Consideran que ?a d?a de hoxe nesta comarca non hai un lugar onde os nenos poidan aprender en lingua galega?, e por iso queren ofrecerlles a posibilidade. Defenden unha ?xesti?n comunitaria? e cren que Fene ser?a o municipio m?is axeitado para acoller este espazo l?dico-formativo.

A s?a proposta viaxa polos diferentes concellos veci?os para dar a co?ecerse e acadar maior respaldo. As?, por exemplo, o pasado mes de decembro organizaron a visita do Apalpador en Neda.

Para o encontro deste domingo, as entradas dos pequenos custar?n 3 euros e as dos maiores 5. O acto ter? lugar ?s 18:30 horas no Centro de Maiores de Novagalicia Banco, situado na r?a Ferreiros n?mero 20. Al?, a cantante Ux?a presentar? o seu libro-cd Rosal?a pequeni?a, aproveitando ademais a celebraci?n dos 177 anos do nacemento de Rosal?a de Castro.

Antes da actuaci?n, o local da entidade eumesa acoller? dende as 13:30 horas unha lacoada con postres de entroido para toda a familia, con actividades para os m?is pequenos que incluir?n obradoiros de pintura e xogos.

Os colectivos Semente Trasancos e Terra de Pontedeume organizan este domingo unha festa de entroido e un concerto de Ux?a Senlle.

Os colectivos Semente Trasancos e Terra de Pontedeume organizan este domingo unha festa de entroido e un concerto de Ux?a Senlle. Queren recadar fondos para crear un espazo educativo de ensino en galego.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies