Home / Ferrol / Cedeira / O Consorcio de Turismo de Ortegal podería poñerse en marcha no mes de setembro

O Consorcio de Turismo de Ortegal podería poñerse en marcha no mes de setembro

FERROL360 | Sábado 4 xullo 2015 | 18:00

O Consorcio de Turismo de Ortegal continúa a dar pasos adiante e o convenio para a entrada en funcionamento da entidade podería asinarse a principios do vindeiro mes de setembro. Así, o anunciaron os alcaldes de Cerdido, Benigno Galego, Cariño, José Miguel Alonso Pumar, e Cedeira, Pablo Moreda, e os concelleiros de Turismo de Ortigueira e Mañón, nunha xuntanza este venres.

Esta reunión, na que tamén participou a Asociación para o Turismo de Calidade da zona, serviu para darlle un pulo á iniciativa e acordar que cada un dos concellos participantes realizará unha achega pública de un euro por habitante para comezar a desenvolver o proxecto.

Os alcaldes socialistas destacaron o importante peso do turismo para a economía da zona, así como o potencial de crecemento co que aínda conta o sector. Así, a entidade terá como obxectivo a elaboración de estratexias e accións de promoción turística conxunta de todos os concellos da comarca, implicando nas mesmas tanto á administración pública como aos empresarios do sector.

O traballo do Consorcio centratase en colaborar na detección e aproveitamento das singularidades turísticas do Ortegal e dos novos xacementos de oportunidades para o sector, aproveitando os recursos e infraestruturas dos diferentes concellos e as sinerxias existentes entre eles.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies