Home / Sociedad / Educación / O conto viaxeiro termina mañá en Ferrol o seu obxectivo de divulgar o galego

O conto viaxeiro termina mañá en Ferrol o seu obxectivo de divulgar o galego

FERROL360 | Martes 2 decembro 2014 | 19:36

A actividade O conto viaxeiro, para a divulgación da lingua galega entre os escolares de Ferrol, chega mañá ao seu fin. A proposta se desenvolveu dende outubro nos centros de ensino de Recimil, Isaac Peral, Terra de Ferrol, Esteiro e Cruceiro de Canido. A concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol era quen promovía a iniciativa.

Nesta actividade, os escolares realizaron un conto ilustrado de xeito colectivo, ao longo de varias sesións, onde cada grupo de nenos ideaba, escribía ou debuxaba unha parte da historia. Os alumnos do CEIP Isaac Peral serán quen poñan mañá o punto final ao proxecto.

O obxectivo desta proposta, O conto viaxeiro, foi aumentar a presenza de recursos educativos en galego na rede, así como achegar a lingua aos menores e ás familias dun xeito lúdico. A actividade tamén incluíu a realización dun blog, blog no que, a partires de mañá, poderá ser visto o resultado desta edición de O conto viaxeiro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies