Home / Sociedad / Educación / O CPI Atios Valdoviño, gañador do premio Concepción Arenal de Igualdade da Deputación

O CPI Atios Valdoviño, gañador do premio Concepción Arenal de Igualdade da Deputación

FERROL360 | Xoves 21 decembro 2017 | 18:27

O CPI Atios Valdoviño xunto co CIP María Pita e o IES Otero Pedraio da Coruña son os centros gañadores do Premio Concepción Arenal de proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña nas modalidades de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

‘Diferentes na igualdade’ é o proxecto do centro valdoviñés que gañou o premio na categoría de Educación Primaria. O xurado destacou a incorporación das novas tecnoloxías para contribuír á igualdade nun traballo que se inclúe no proxecto europeo Erasmus Plus que ten como obxectivo potenciar as competencias científicas e tecnolóxicas do alumnado, con especial atención á diversidade.

O xurado estivo presidido pola deputada de Igualdade, Ánxela Franco e composto pola técnica de Igualdade, Eva Ovenza e as profesoras Sofía Cambeiro e Estefanía Mosquera, con Norberto Miguel Gallardo como secretaria decidiron en xuntanza celebrada este xoves na Deputación da Coruña os proxectos gañadores dos centros de educación pública que recibirán un premio de 5.000 euros.

«O concurso forma parte do traballo da área de Igualdade para educar en igualdade a través de iniciativas destinadas ás novas xeracións, de maneira especial a mozas e mozos con fin de construír un futuro en igualdade, sen discriminación nin violencia machista», sinala Ánxela Franco que destaca o traballo nos centros por parte de toda a comunidade educativa e a repercusión da súa aplicación nos propios ámbitos de ensino.

O certame da área de Igualdade da Deputación da Coruña pretende promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero entre a poboación infantil e adolescente, premiando o compromiso e a implicación dos centros educativos públicos que elaboran proxectos educativos nos que se contribúe ao desenvolvemento de habilidades para identificar e rexeitar estereotipos sexistas, así como aqueles que presentan esquemas alternativos que axuden a comprender a igualdade de oportunidades real entre sexos.

No concurso valórase o programa de actividades que traballe a prol da consecución da igualdade, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco ou a intervención en materia de violencia de xénero. Así mesmo, ten en conta a incorporación transversal da educación en valores nos proxectos, como poden ser: a tolerancia, o respecto, a promoción da empatía, a xustiza, etc…

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies