Home / Eume / A Capela / O director de Asistencia Sanitaria do Sergas visitou os terreos do futuro centro de saúde da Capela

O director de Asistencia Sanitaria do Sergas visitou os terreos do futuro centro de saúde da Capela

FERROL360 | Mércores 25 setembro 2013 | 22:57

O director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial, visitou hoxe á mañá os terreos onde se vai construir o centro de saúde do municipio da Capela.

Rubial, que visitou a zona de man do alcalde da Capela, Manuel Meizoso; veu acompañado pola especialista en arquitectura sanitaria Cristina Fernández, responsable de proxectos como a reforma integral e rehabilitación do Hospital Abente e Lago da Coruña e a dirección da fase II do plan director do CHUS compostelán, entre outros.

A arquitecta Cristina Fernández forma parte do equipo que encabeza Joaquín López Fando, que é o coordinador do colectivo que levará a cabo a revisión do proxecto de execución do centro de saúde, introducindo melloras de eficiencia enerxética, para facelo máis sustentable e de maior calidade.

Así mesmo, Félix Rubial estivo tamén acompañado polo xerente de Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio Villanueva; pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo Piñeiro, e pola subdirectora xeral de Investimentos do Sergas, Belén Currás.

O centro de saúde terá unha superficie de 432 metros cadrados construídos, nunha parcela de 1.486 metros cadrados, cedida polo Concello da Capela.

A súa construcción conta cun investimento de 500.000 euros, cofinanciados con fondos europeos e enmarcada na Estratexia Sergas 2014, programa que ten como finalidade «modernizar as infraestructuras da rede de atención primaria, para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais».

O edificio contará con dúas consultas e dúas salas polivalentes, na área de medicina xeral e enfermería.

Na parte administrativa, haberá un arquivo, almacéns e outros servizos comúns.

Momento da visita da comitiva aos terreos na Capela (foto: Consellería de Sanidade)

Momento da visita da comitiva aos terreos na Capela (foto: Consellería de Sanidade)

Un comentario

  1. O novo Centro de Saúde da Capela, ao igoal que o de Ares, Cedeira e Narón, xa tiña que estar funcionando . Esa é a palabra de Núñez Feijoo.
    Non cumpre o prometido e pola contra pecha o consultorio de A Graña e do Seixo

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies