Home / Actualidad / O director do Igape asegura que a eólica mariña contribuirá ao crecemento futuro do naval

O director do Igape asegura que a eólica mariña contribuirá ao crecemento futuro do naval

FERROL360 | Mércores 22 abril 2015 | 14:09

O CIS da Cabana acolle durante a mañá deste mércores a xornada sobre a Enerxía eólica offshore: Novas oportunidades empresariais. Unha iniciativa organizada por Iberdrola, Navantia, Puerto de Ferrol, Windar Renovables e Cluergal para analizar o presente e futuro da xeración eólica no mar e as oportunidades de negocio que se abren con ela para os proveedores locais.

Na inauguración desta cita, o director do Igape, Javier Aguilera, salientou que as novas oportunidades de negocio que se abren coa eólica mariña están a impulsar a innovación no sector naval galego e redundarán nun incremento da competitividade que contribuirá ao seu crecemento futuro.

Asimesmo, Aguilera dixo que Iberdrola recoñeceu a competitividade actual de Navantia ao contar co estaleiro para o seu proxecto de eólica mariña de Wikinger. Unha oportunidade que supón abrir portas á diversificación industrial, tanto do estaleiro como das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Neste senso, o director do Igape afirmou que a Xunta aposta pola procura de novos contratos, pola potenciación da área de reparacións en Ferrolterra e por perseguir novas oportunidades de negocio, das que a eólica mariña constitúe un exemplo singular.

Tamén incidiu na necesidade de apostar pola innovación para que o naval consiga novos contratos, tanto na actividade troncal da construción como en novos nichos de negocio. Así, Aguilera indicou que o CIS ten un papel clave para lograr que a innovación chegue ao naval.

As perspectivas de mercado para os estaleiros, os retos tecnolóxicos deste tipo de industria, a experiencia de Iberdrola co proxecto Wikinger, o programa A-Tempo da Universidade da Coruña sobre tecnoloxías mariñas e offshore e as perspectivas de futuro no sector son algunhas das ponencias que se están a desenvolver nesta xornada.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies