Home / Cultura / O enterro da sardiña pecha o entroido en Ultramar

O enterro da sardiña pecha o entroido en Ultramar

FERROL360 | Xoves 6 marzo 2014 | 20:56

Acabou o día, acabou a romaría.

Acabáronse os días de troula adicados a poñerse na pel dos outros ataviándonos con vestimentas ridículas para mofarse e rir polas rúas.

En realidade, ‘case’ rematou o entroido. Agora só falta soterrar a sardiña e quedará oficialmente pechada esta xornada de festa pagana.

A praza de Ultramar acollerá o tradicional enterro este venres. Ás cinco da tarde haberá unha festa infantil amenizada polo xenial Mickey Mouse e pasadas as oito está previsto que ata catorce comparsas percorran as rúas do barrio paseando á sardiña antes da súa incineración. Algunhas das agrupacións asistentes serán: os viúvos e as viúvas da AVV Ultramar, a Revolta, os Parrandolos, Troupele Troupele, os Nenos de Lola ou os Piratas de Penencia.

O desfile partirá da rúa Sánchez Calviño, e tras pasar polas rúas Paraguay, Nova de Caranza, República Arxentina e Venezuela, chegará á praza de Ultramar. Alí, cada comparsa cantará unha canción do seu repertorio e logo haberá un sorteo de regalos.

Tal e como indica a tradición, o peixe será queimado ás once da noite para rachar co pasado e para que o ano que vén, renaza con máis forza unha sociedade transformadora.

Pero a novidade de este ano, é que a entidade organizadora, a Asociación de Veciños de Ultramar -en colaboración co Concello de Ferrol- amplía a celebración do entroido ata o sábado 8 de marzo.

A música será a protagonista de novo na praza de Ultramar, cunha sesión musical a partir das 12:30 horas e, pola noite, a partir das 21:00 horas.

Durante esta xornada do sábado, todas as persoas que se acheguen á zona, poderán degustar as tapas do entroido por dous euros nos locais hostaleiros participantes.

Cartel del entroido de Ultramar.

O enterro da sardiña terá lugar este venres na praza de Ultramar. (foto: AVV Ultramar)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies