Home / Ferrol / Cedeira / O entorno da praia da Magdalena acolle o I Súper Acuatlón Vila de Cedeira este domingo

O entorno da praia da Magdalena acolle o I Súper Acuatlón Vila de Cedeira este domingo

FERROL360 | Sábado 26 xullo 2014 | 20:09

O Club Natación Cedeira-Muebles García celebra este domingo a primeira edición do Súper Acuatlón Vila de Cedeira no entorno da praia da Magdalena. Unha competición que combinará natación e carreira e na que poderán participar nenos e maiores, sen limitacións de idade.

As inscripcións están abertas ata este domingo no enderezo electrónico cnatacioncedeira@gmail.com. As cuotas serán de oito euros na categoría absoluta e tres nas restantes (a abonar no momento da retirada de dorsais, na zona de San Isidro e ata as 15:45 horas do domingo).

A competición está estructurada en catro categorías: promesas, con hora de inicio ás 16:00 e cunhas distancias a cubrir de 150 metros natación + 500 metros carreira + 150 metros natación; benxamín, que partirán ás 16:20 horas, 250 m + 500 + 250; alevín, ás 16:50 horas, 500 + 1000 + 500 e absoluta, ás 17:40 horas, 1000 + 5000 + 1000.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados por categoría e sexo e un premio en metálico de 150 euros para os campións absolutos en categoría feminina e masculina. Premios que se entregarán nun acto que comezará ás 19:30 horas no parque do Sagrado Corazón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies