Home / Actualidad / O entorno do Muíño de Pedroso acolle este domingo a Festa do Río de Terra Galega

O entorno do Muíño de Pedroso acolle este domingo a Festa do Río de Terra Galega

FERROL360 | Mércores 10 setembro 2014 | 19:08

O domingo 14 de setembro será unha data de celebración para os afiliados e simpatizantes de Terra Galega, xa que celebran a tradicional Festa do Río, na que esperan xuntar a máis de 700 persoas.

A festa terá lugar no entorno do Muíño de Pedroso e comezará ás 14:00 horas. Durante o acto haberá intervencións do secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, e do alcalde de Narón e candidato ás próximas eleccións municipais do 2015, José Manuel Blanco.

Blanco será o encargado de presentar ás persoas que formarán parte da candidatura de Terra Galega en Narón de cara ós comicios electorais do vindeiro ano. Unha vez rematada a parte política, darase paso á festa coa degustación da comida. Finalizado o xantar, dará comezo o baile e tamén haberá xogos para os máis pequenos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies