Home / Cultura / O Entroido trae música á sala Dzine de San Sadurniño

O Entroido trae música á sala Dzine de San Sadurniño

Pepe Bao estará acompañado por Jorge Vera e Miguel Lamas

Pepe Bao estará acompañado por Jorge Vera e Miguel Lamas

FERROL360 | Martes 2 febreiro 2016 | 18:46

Fin de semana de Entroido no Dzine de San Sadurniño, que inclúe dúas citas musicais. A primeira corre a cargo de Pepe Bao, que actuará desde as 23:00 horas deste vindeiro sábado, 6 de febreiro, con entradas ao prezo de 6 euros. Presentará os temas do seu segundo traballo discográfico en solitario, no que teñen cabida funk ou flamenco.

Estará acompañado por Jorge Vera ao piano e Miguel Lamas na batería nun espectáculo caracterizado pola improvisación e a interacción entre os tres. Xa o luns, festa de Entroido, con comezo ás 23:00 horas e entradas por 4 euros. Ollo: aqueles que cheguen disfrazados non pagan. Actuará o grupo coruñés Per-Versións, liderado por Pablo Balseiro e con ritmo de rumba e guateque.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*