Home / Sociedad / Educación / O equipo de Educación Vial de Narón amplíase cunha axente de policía local

O equipo de Educación Vial de Narón amplíase cunha axente de policía local

FERROL360 | Luns 2 marzo 2015 | 19:24

A unidade de Educación Vial de Narón incorpora unha nova axente de policía local ao seu equipo. Sonia López Díaz, pertencente á plantilla da Policía Local de Narón, pasa a integrarse neste equipo xunto con Pedro Caneiro (Policía Local) e Simón Cabarcos (Técnico de INEF).

Grazas a esta nova incorporación, o equipo poderá desenvolver un maior número de actividades relacionadas coa educación vial, como charlas nos Centros de Maiores, nas Asociacións de Veciños e nas Escolas Infantís Municipais, actividades dirixidas a embarazadas e incluso a realización dun conto infantil.

As charlas informativas sobre seguridade vial se levarán a cabo a partires deste mes de marzo nos locais sociais municipais e nos centros de maiores do municipio. A primeira cita será o xoves 4 de marzo, de 16:30 a 18:00 horas, na Fundación Terra de Trasancos en O Val.

Outra das novidades deste programa é a realización dun taller teórico/práctico para embarazadas en colaboración co Centro de Saúde de Narón, no que se lles ofrecerán consellos para viaxar e para conducir de forma segura, e se lles dará a coñecer os sistemas de retención infantil.

Asimesmo, o equipo de Educación Viaria realizará un conto infantil inspirado neste tema, coa participación de Paula Merlán e Antonio Seijas, e posteriormente se adaptará o conto ó teatro.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies