Home / Sociedad / Educación / O escritor Xavier Alcalá ofrecerá en Fene unha charla sobre ciencia versus literatura

O escritor Xavier Alcalá ofrecerá en Fene unha charla sobre ciencia versus literatura

FERROL360 | Mércores 19 novembro 2014 | 15:30

O escritor Xavier Alcalá ofrecerá este mércores unha charla no CPI A Xunqueira de Fene baixo o título Ciencia versus literatura, destinada aos estudantes. Incluída no programa Fene, coa ciencia en galego, arrancará ás 11:00 horas.

Trala conferencia de Xavier Alcalá, o programa Fene, coa ciencia en galego continuará co teatro como protagonista. Así, representaráse a obra Náufrag@s no CEIP O Ramo de Barallobre o día 28 de novembro ás 12:10 horas; no CEIP Os Casais de
Maniños, o 1 de decembro ás 12:00 horas, e no CEIP de Centieiras o 9 de decembro ás 10:00 horas.

Fene, coa ciencia en galego é unha iniciativa dos Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística e a dirección do IES de Fene á que se sumaron os centros de ensino, na que colabora activamente o Concello a través da Concellería de Cultura.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies