Home / Cultura / O espectáculo Ópera Pánica inaugura a segunda temporada dos Domingos de Teatro en Ferrol

O espectáculo Ópera Pánica inaugura a segunda temporada dos Domingos de Teatro en Ferrol

FERROL360 | Domingo 15 setembro 2013 | 13:06

Dende os meses de setembro a maio, o Centro Cívico de Caranza acolle cada domingo espectáculos teatrais para tódolos gustos. A Asociación Cultural e Artística Ti e Máis eu Teatro en colaboración co Concello de Ferrol, realizan o Ciclo de Teatro Afeccionado Domingos a Escena estreando hoxe a súa segunda temporada, logo da volta das vacacións de verán.

A de hoxe é unha obra que enxalza a ambigüidade e rexeita a seriedade postulándose a favor do mero arte de vivir. É un debate entre a tolemia dos cordos ou a cordura dos tolos. «Unha ópera transformada en cabaré… un drama transformado en comedia… a vida transformada en ficción». Esa é a sinopse de Ópera Pánica, do artista chileno Alejandro Jodorowsky, pero dirixida por Fernando González.

A Compañía Marañao Teatro porá en escena este cabaré tráxico interpretado por Iago López, Beatriz Iglesias, Luis Pequeño, Rebeca Ramos, Cristina Mangana e María Ramos, entre outros.

A entrada para o espectáculo que comezará ás 19:00 horas é gratuíta.

Ópera Pánica será hoxe representada no Centro Cívico de Caranza ás 19:00 horas

Ópera Pánica será representada hoxe no Centro Cívico de Caranza ás 19:00

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies