Home / Cultura / O ferrolán Víctor Aneiros presenta o seu último traballo na Sala Capitol

O ferrolán Víctor Aneiros presenta o seu último traballo na Sala Capitol

FERROL360 | Martes 20 xaneiro 2015 | 13:31

O músico ferrolán Víctor Aneiros actuará este venres na Sala Capitol de Santiago de Compostela para presentar o seu último álbum, A soidade pide copas nos bares. Con esta actuación, Aneiros abre o programa Blues nite, que 1906 levará a cabo entre os meses de xaneiro e maio na sala compostelá.

O concerto arrancará ás 21:30 horas e máis tarde actuarán no mesmo escenario Pardo e Piti Sanz. As entradas xa se poden adquirir no Teatro Principal, A Reixa Tenda e na páxina web da Sala Capitol.

Para poder desfrutar do blues-rock en galego de Víctor Aneiros na nosa comarca teremos que esperar ata o mes de marzo. E é que o xoves 26 actuará no Pazo da Cultura de Narón para presentar este novo disco acústico e desenchufado.

Aneiros deixa a un lado a guitarra eléctrica e fai unha revisión acústica dalgúns dos seus temas máis importantes. Acompáñase neste disco dun trío de luxo, como son Fran Rey cos teclados e acordeón, Marcos Sánchez na batería e Victor Gacio no baixo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies