Home / Sociedad / Educación / O festival ‘A Mocidade coa Lingua’ volve este venres ao Auditorio de Ferrol

O festival ‘A Mocidade coa Lingua’ volve este venres ao Auditorio de Ferrol

FERROL360 | Jueves 17 marzo 2016 | 20:17

Un novo convenio de colaboración entre a Concellería de Participación Cidadá e Normalización Lingüística do Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística fai posible que este venres teña lugar o festival musical A Mocidade coa Lingua a partires das 10:30 horas no Auditorio de Ferrol.

Un evento que cumpre un cuarto de século dende a súa constitución a prol da lingua e no que participan os mestres e os alumnos, subindo tamén desta volta ao escenario a grupos veteranos ademais dos escolares, de música en galego e de todos os estilos.

Neste ano toman parte cinco grupos, tres noveis e dous profesionais. O primeiro dos noveis, Indianos, está formado por alumnos do IES de Neda. A Eigth Swing danlle forma rapaces dos centros do Montojo, Canido e Concepción Arenal que traducen e cantan blues con ritmo de bossanova. O terceiro dos grupos escolares chámase Polaina e é un coro do IES Carvalho Calero, con base rockeira.

Sucederanos no escenario de Caranza os grupos Blues do País, con temas que versionan e traducen ao galegos melodías populares do blues con moito chiste e Sacha na Horta, ‘agropachanga’ feminista para non perder.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies