Home / Cultura / O Festival do Río Castro cumpre 21 anos este sábado

O Festival do Río Castro cumpre 21 anos este sábado

FERROL360 | Venres 4 xullo 2014 | 18:27

O Festival do Río Castro é, xunto co San Pipote, o acontecemento anual que máis xente reúne en San Sadurniño. Nesta XXI edición volve haber un cartel cun grande tirón. Abrirá a zanfonista María López, seguida de Vai rañala meu!, Taghaitai Manila e pecharán a festa o Sonoro Maxín. Mirando ao ceo, a A.VV. O Castelo agarda recibir na Bóla centos de persoas xa desde primeiras horas da mañá para pasar o día ao pé do río.

A organización contará con varios aparcadoiros e un dispositivo de protección civil que regularán os accesos en coche ao festival e que restrinxirán o tráfico rodado no seu contorno a partir das tres da tarde.

O programa do festival, arrancará pouco despois das 15:30 horas con xogos para os máis pequenos a cargo da Asociación Galega do Xogo Popular e tradicional. Tamén para os cativos actuarán Os Ghazafelhos co espectáculo «Acuario». Xa ás 18:30 horas empezarán as competicións de xogos populares -chave, serrado con tronzador e corda- que son un dos momentos máis agardados da tarde.

A música iniciarase ás 22:00 horas con María López. Esta zanfonista e gaiteira ten as súas raíces na parroquia, de onde son a nai e os avós maternos. Formou parte das escolas municipais de música tradicional e agora fórmase en Bellón-Maceiras. Logo virá a banda de música tradicional Vai rañala meu!, o grupo Taghaitai Manila integrado, entre outros, polo ex-Diplomático Manolo Maseda.

O peche botarano O Sonoro Maxín, quen mostrarán o seu estilo a ritmo de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou mesmo vallenato. Entremedias de cada grupo tamén actuará a pé de palco Cesar Freiría, Cè Orquestra Pantasma, que xa en edicións anteriores conseguiu revolucionar o campo da Bóla coa súa música autosuficiente.

O festival do Río Castro está organizado pola AVV. O Castelo de Naraío coa colaboración de ducias de veciños e veciñas que, ou ben botan un cabo ou ben ceden terreos para poder sacar adiante o evento. Ademais tamén conta con axuda económica do Concello de San Sadurniño, a sociedade de xestión AIE, a Cooperativa de Meirás e da Deputación da Coruña. A entidade agarda que este ano tamén haxa contribución da AGADIC, dentro das liñas de axuda a espectáculos musicais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies