Home / Cultura / O Festival Irmandiño de Moeche convoca o concurso de carteis para a súa 39ª edición

O Festival Irmandiño de Moeche convoca o concurso de carteis para a súa 39ª edición

FERROL360 | Luns 12 febreiro 2018 | 00:00

A Asociación Cultural Irmandiños de Moeche convoca unha nova edición do concurso de carteis para ilustrar a 39ª edición da cita musical e cultural. As persoas interesadas en participar neste certame poderán enviar as súas obras ata o vindeiro 31 de marzo.

A temática a empregar na elaboración da imaxe será libre e o tamaño será de 50 x 60 centímetros. Desde a organización indican que deberá contemplarse un espazo do cartel para engadir os logotipos da organización e das entidades colaboradoras. Ademais, figurará obrigatoriamente o texto XXXIX Festival Irmandiño – Moeche. 17, 18 e 19 de agosto de 2018.

Os traballos poderán ser enviados en soporte físico ou en formato dixital, en arquivo pdf e cunha resolución mínima de 300 píxeles. Os traballos en soporte físico enviaranse ao enderezo: Taberna Irmandiños Castelo de Abaixo, 2. San Xurxo, CP: 15563 – Moeche. E en soporte electrónico ao email: festival@moeche.org.

O xurado dará a coñecer o seu fallo o 8 de abril e o cartel gañador recibirá un premio de 200 euros e un agasallo conmemorativo. O cartel premiado pasará á propiedade da Asociación Cultural Irmandiños de Moeche, que o editará e distribuirá por toda Galicia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies