Home / Ferrol / Narón / O Festival Solidario recada 1.400 euros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

O Festival Solidario recada 1.400 euros para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

FERROL360 | Martes 6 outubro 2015 | 14:27

O III Festival Solidario, celebrado o pasado domingo no Pazo da Cultura de Narón, recadou un total de 1.400 euros que se destinarán ao Centro de Recursos Solidarios. Ademais, durante o acto entregouse o Premio Solidario á empresa Lidl polas doazóns que realiza ao longo do ano ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Unha exhibición de zumba, actuación musical de Los Zares, proxección dun vídeo no que se contaba a historia do Centro de Recursos Solidarios e a música do Grupo Magenta e La Promesa, compuxeron o programación deste Festival.

A tenente de alcalde de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Acción Social, Catalina García, agradecen á veciñanza o respaldo a este evento, así como todas as doazóns que ao longo do ano realizan as asociacións, empresas e particulares ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Máis doazóns

O Grupo Capela realizou tamén unha doazón para o Centro de 300 euros en vales de combustible para repostar na gasolineira que a empresa ten no polígono da Gándara. O donativo permitirá reducir os gastos de repostaxe no vehículo que o Centro utiliza como servizo de transporte.

Así mesmo, a empresa Ortegal Oil colaborou coa entrega de 20 vales por importe de 25 euros cada un para repostar nas gasolineiras que a compañía ten en Narón e Fene. García agradeceu a colaboración destas empresas que axudan «a que poidamos reducir gastos en distribución e destinar eses cartos a outros fins propios destas instalacións».

A edil de Acción Social agradeceu tamén as doazóns de alimentos realizadas a finais do pasado mes de setembro na Gala Solidaria organizada por Amicor e na de Salseiros Solidarios, nas que se recadaron 150 e 570 quilos de alimentos respectivamente, que se entregaron ao Centro de Recusos Solidarios de Narón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies