Home / Cultura / O fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón realiza unha visita guiada pola súa mostra

O fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón realiza unha visita guiada pola súa mostra

FERROL360 | Mércores 2 decembro 2015 | 18:42

Oportunidade única para ver a exposición Muros, do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón, que ofrecerá unha visita guiada pola súa mostra este xoves. Será ás 18:30 horas e estará aberta a participación dos veciños, entidades e centros de ensino.

Así, Tizón será o cicerone do público que se achegue a esta visita guiada e de balde pola sala de exposicións do Centro Cultural Torrente Ballester, que alberga a mostra.

Trátase dunha exposición de fotografía e vídeo documental, que é unha fiestra aberta ao drama que están a vivir miles de persoas no seu exilio polas fronteiras de Europa. O fotógrafo será o anfitrión para guiar aos visitantes polos segredos que se agochan detrás de cada imaxe.

Ademais, este venres terá lugar no CTB a presentación do libro de ‘Muros’, que recolle o traballo da exposición cos textos aportados polos seus protagonistas. A partires das 20:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies