Home / Actualidad / O goberno de Fene leva este luns a comisión os orzamentos para 2018

O goberno de Fene leva este luns a comisión os orzamentos para 2018

FERROL360 | Luns 23 xullo 2018 | 9:31

O goberno municipal de Fene leva á comisión de Facenda deste luns a súa proposta de orzamentos para este 2018. Unhas contas que ascenden a 10.640.588,60 euros, aínda que superarán os 13 millóns unha vez se contabilicen as subvencións e achegas procedentes doutras administracións como Deputación e Xunta.

A edil de área, Rocío Bértoa, destaca o esforzo realizado nesta materia, xa que o documento elaborouse en apenas dous meses. A concelleira tamén remarca que nos últimos tres anos o anterior equipo de goberno de Juventino Trigo non foi quen de aprobar as contas.

Bértoa apunta que, polo axustado dos prazos e a escasa vixencia que terán, os orzamentos pretenden reaxustes e modificacións de partidas para adaptarse ás necesidades máis inmediatas. Así, contemplan unha partida específica para tarefas de mantenemento das instalacións deportivas; inversións para estender o alumeado público, a mellora dos medios da Policía Local ou o sistema para que a veciñanza acceda ós debates dos plenos dende os seusdispositivos móbiles.

En todo caso, Bértoa avanza que o equipo de goberno traballa en paralelo nas contas para o 2019 coa intención de que entren en vigor o 1 de xaneiro de 2019. Será entón, apunta, cando se incorporen investimentos e proxectos comprometidos de maior calado.

A semana pasada Bértoa trasladaba o borrador de orzamentos ós grupos municipais para a súa consulta e aportacións. A intención do goberno local pasa por sometelos á decisión do pleno o vindeiro luns 30 de xullo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*