Home / Sociedad / Educación / O goberno de Narón apoia a proposta da ANPA da escola rural de Pedroso para evitar o peche do centro

O goberno de Narón apoia a proposta da ANPA da escola rural de Pedroso para evitar o peche do centro

FERROL360 | Martes 16 xaneiro 2018 | 11:35

O goberno local de Narón respalda a medida proposta pola ANPA da escola rural de Pedroso para evitar o peche do centro no vindeiro curso 2018-2019. Unha proposta que pasa por impartir na escola o primeiro curso de Primaria na anualidade 2018-2019 para así garantir a matriculación de alumnado suficiente no curso 2019-2020 e manter aberto o centro.

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, remarca que «a medida que plantexan estas familias non require dotacións a maiores de profesorado nin de recursos» e manifesta nun comunicado o firme apoio do goberno local ás reivindicacións.

Taibo salienta que o goberno de Narón defende «un ensino de proximidade que consideramos fundamental na zona rural, evitando desprazamentos innecesarios aos menores e cunha educación máis personalizada no seu propio entorno e un maior contacto co medio natural».

A edil de Ensino engade que «a través das escolas rurais o alumnado está en permanente contacto coas tradicións da nosa cultura e o estilo de vida propio destas zonas, unhas vantaxes que permiten transmitir ás xeracións máis novas unha serie de coñecementos que debemos manter no tempo».

Neste curso están escolarizados no centro nove alumnas e alumnos, dos que oito o vindeiro curso pasarán a primeiro de Primaria, debendo matricularse no centro adscrito, o CPI de San Sadurniño. Ao marchar estes alumnos, non está previsto que no curso 2018-2019 o centro teña o número mínimo de alumnado que require Educación para manter aberto o centro, así que derivará no seu peche.

«Unha medida que desde o goberno local consideramos que se poderá evitar coa proposta plantexada polas nais e pais e que impediría o final dunha etapa nunha das catro escolas rurais do noso concello», asegura Taibo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies