Home / Actualidad / O goberno de Narón reúnese cos representantes das Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Barallobre

O goberno de Narón reúnese cos representantes das Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Barallobre

FERROL360 | Venres 15 abril 2016 | 18:15

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os voceiros do PSOE e BNG mantiveron unha reunión con representantes das Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Santiago Apóstol de Barallobre para escoitar as inquedanzas do colectivo polos problemas derivados do retraso que acumulan as obras de saneamento da ría.

Os representantes municipais tomaron nota das reivindicacións plantexadas por Isabel Maroño e Carlos Rey, que acudiron acompañados por Paz González, secretaria da Confraría de Ferrol, e Benigno Varela, vicepatrón da de Barallobre.

Blanco informou do estado no que se atopa a obra e incidiu en que se trata dunha actuación na que Narón e Ferrol aportarán unha contía económica, pero a contratación, dirección de obra e de seguridade dependen directamente de Acuaes. O rexedor salientou que os traballos no tramo O Cadaval-Neda estarán rematados antes do verán, pero os do río Inxerto acumulan un retraso maior.

«Isto último non impide que no caso de que Ferrol o permita, pola gravidade, algunhas zonas de Narón poidan verter aos colectores e ir directamente á depuradora», comentou o alcalde. Así mesmo, Blanco subliñou que «todo o que sexa evitar que se continúe vertendo á ría é positivo, aínda tendo moi clara a situación na que actualmente se atopa a depuradora».

Lodos

Outro dos temas plantexados desde as Confrarías foi o problema xerado polos lodos, urxindo a necesidade de recuperar os bancos marisqueiros. Neste apartado, Blanco plantexou a posibilidade de alcanzar un acordo entre os dous pósitos e os concellos de Narón e Ferrol para realizar os estudos que resulten necesarios de cara á posible retirada dos lodos.

«Sería indispensable a implicación doutras administracións unha vez que se coñeza a mellor opción para levala a cabo, dado que os Concellos non teñen competencias nese tipo de actuacións», advertiu Blanco.

O alcalde fixo fincapé no compromiso do goberno local de colaborar co proceso de rexeneración en zonas tan importantes de pesca e marisqueo como Caranza, A Gándara ou As Aceñas, entre outras. Os representantes do colectivo insistiron en que na actualidade están afectadas de modo directo pola problemática máis de seiscentas familias da comarca.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies