Home / Actualidad / O goberno tripartito de Fene organízase en nove delegacións

O goberno tripartito de Fene organízase en nove delegacións

Pleno de investidura de Juventino Trigo como alcalde de Fene (cedida)
Pleno de investidura de Juventino Trigo como alcalde de Fene (cedida)

FERROL360 | Xoves 2 xullo 2015 | 18:00

O novo goberno local de Fene, conformado por BNG, PSOE e Somos Fene, definiu a organización dos seus concelleiros nun total de nove delegacións. Así, os nacionalistas terán catro, os socialistas dirixirán tres delegacións e por último, Somos Fene, ostentará dúas.

Juventino Trigo, do BNG, terá as funcións propias de Alcaldía como rexedor e ademais farase cargo das delegacións de Facenda e Patrimonio. Urbanismo tamén queda en mans dos nacionalista coa direción de Justo Martínez. Sandra Permuy dirixirá a delegación de Persoal, Seguridade, Formación e Emprego e Medio Ambiente recae en Mariela Aguilar.

Pola súa banda, o socialista Antón Noceda farase cargo da delegación de Obras e Servizos e Amalia García de Cultura e Educación. Tamén dirixirán os socialistas as delegacións de Benestar e Igualdade, en mans de Joaquín Ayala.

Por último, Somos Fene controla as delegacións de Deportes, Participación e información cidadá, transparencia e comunicación, con Xoan Manuel Bastida. E César Castro dirixará Promoción económica, Industria, Comercio, Turismo e Xuventude.

O seguinte paso será aprobar este acordo estrutural en pleno. A sesión, segundo indican desde o goberno, convocarase nos vindeiros días.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies