Home / Cultura / O IES Fernando Esquío de Neda acolle a exposición do CSIC «Un universo de luz»

O IES Fernando Esquío de Neda acolle a exposición do CSIC «Un universo de luz»

FERROL360 | Martes 6 outubro 2015 | 9:38

A mostra «Un universo de luz» consta de 20 paneis onde se pode apreciar dende a primeira luz do cosmos ata o sistema visual humano, pasando por fenómenos como os espellismos, as auroras polares ou os arcoíris. A exposición está aberta ao público no IES Fernando Esquío de Neda ata o vindeiro 20 de outubro en horario de das 9:00 a 14:00 horas e os xoves de 16:20 ás 18:00 horas.

«Un universo de luz» revela as propiedades da luz e describe as súas principais aplicacións, resaltando o papel que xogan no noso día a día. Ferramentas como os microscopios, os dispositivos de iluminación, o láser ou a fibra óptica son as protagonistas desta mostra, na que tamén teñen cabida a evolución da luz na arte, o seu emprego na produción enerxética ou os usos en medicina.

A exposición foi realizada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), no marco da celebración en 2015 do Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías basadas na Luz, declarado así polas Nacións Unidas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies