Home / Sociedad / Educación / O IES Leixa acolle este luns a celebración do GaliciaSkills de Deseño Gráfico

O IES Leixa acolle este luns a celebración do GaliciaSkills de Deseño Gráfico

FERROL360 | Venres 17 outubro 2014 | 18:09

Por segundo ano consecutivo o IES Leixa acollerá a fase galega dos GaliciaSkills de Deseño Gráfico, que terán lugar o luns 20 de outubro. Nestes campionatos participan catro estudantes do ciclo superior do IES Leixa, único centro galego que ofértao.

O alumno gañador representará a Galicia no campionato nacional SpainSkills, onde os alumnos do IES ferrolán xa obtiveron senllas medallas de bronce nas dúas convocatorias anteriores, competindo tanto con escolas de artes plásticas como departamentos universitarios.

Estudantes e docentes do ciclo superior de Deseño e produción editorial xa teñen todo listo e prepararon as instalacións que albergarán os campionatos galegos de FP da especialidade de Deseño gráfico na sala de actividades do instituto.

A actividade contará coa presenza do xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana Leira, e representantes da Consellería de Educación.

Estudantes e docentes prepararon este venres as instalacións que albergarán os campionatos (foto: IES Leixa)

Estudantes e docentes prepararon este venres as instalacións que albergarán os campionatos (foto: IES Leixa)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies