Home / Actualidad / O Igape pon en marcha novas liñas de axuda para pemes e emprendedores

O Igape pon en marcha novas liñas de axuda para pemes e emprendedores

FERROL360 | Mércores 21 xaneiro 2015 | 19:27

O Igape presentou este mércores nunha xornada técnica en Ferrol as novas axudas convocadas pola Consellería de Economía e Industria para contribuír a dinamizar o investimento e a internacionalización do tecido económico das comarcas e para mellorar a súa competitividade.

As axudas, dotadas con 6,5 millóns de euros, terán especial intensidade nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e teñen como obxectivo procurar que os emprendedores e as pemes dispoñan, desde o primeiro momento, de instrumentos e axudas adecuadas para impulsar os seus proxectos.

Dentro deste novo marco de axudas, o Igape pon en marcha unha liña para apoiar ás pemes nos procesos de renovación dos equipos produtivos. Esta liña mobilizará arredor de 10 millóns de euros en investimentos empresariais.

No caso dos investimentos realizados en Ferrolterra, Eume e Ortegal, os beneficiarios contarán con subvencións un 5 % superiores con respecto a outras zonas de Galicia. Os emprendedores tamén terán acceso a subvencións un cinco por cento superiores.

No ámbito da internacionalización, as empresas de Ferrolterra tamén poderán acadar subvencións un 5 % superiores ás da maioría das comarcas, ao abeiro da convocatoria para facilitar a contratación de xestores expertos en comercio exterior.

Para facilitar a mellora da competitividade das empresas, ponse en marcha un programa para incentivar a formación de capital humano favorecendo a cooperación e o aproveitamento de sinerxías entre varias pemes. Asimesmo, convócanse axudas para que as empresas do sector téxtil desenvolvan as súas estratexias de promoción e internacionalización.

Por último, a estes programas veñen sumarse as bolsas do programa ReAcciona, que permitirá a 100 novos titulados obter formación práctica especializada colaborando na implantación dos proxectos de mellora que se impulsarán en 2015 en máis de 300 empresas galegas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies