Home / Actualidad / O Igape pon en marcha un amplo catálogo de axudas para pequenas empresas e emprendedores

O Igape pon en marcha un amplo catálogo de axudas para pequenas empresas e emprendedores

FERROL360 | Venres 2 xaneiro 2014 | 17:00

O Igape activa un programa de axudas, dotado con 6,5 millóns de euros, para impulsar a competitividade, a internacionalización e os investimentos de empresas e emprendedores. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto a partir deste mesmo venres.

O obxectivo é procurar que os emprendedores e as pemes dispoñan, desde o primeiro momento, de instrumentos e axudas adecuadas para impulsar os seus proxectos empresariais, afirmou o director do Igape, Javier Aguilera.

Hai un total de sete liñas de axudas e cada unha delas está enfocada a potenciar o comercio exterior, renovación dos equipos produtivos, a poñer en marcha ou consolidar un proxecto empresarial, contratar xestores expertos para iniciar as súas exportacións, para formación, contratación de bolseiros, así como para organizar encontros e xornadas técnicas.

Axudas para renovar os equipos produtivos e mellora competitividade. Para acceder a esta subvención, dotada con 2,5 millóns, terán trato preferente os proxectos a desenvolver nas zonas con plans especiais de dinamización como Ferrolterra, Eume e Ortegal. As axudas poderán cubrir ata o 35 % dos investimentos subvencionables.

Axudas a emprendedores para poñer en marcha un novo negocio ou consolidalo. Este programa, baixo o nome de Galicia Emprende, está dotado con 500.000 euros e se prevé mobilizar 1,5 millóns de euros. Compleméntase cos apoios habilitados a través do Fondo de capital risco Galicia Iniciativas Emprendedoras, e outros fondos de Xesgalicia.

Axudas para contratar xestores expertos para iniciar ou ampliar as exportacións da empresa. Os contratos terán maior bonificación se corresponden a parados de longa duración ou se son feitos por empresas das zonas prioritarias por contar con plans especiais de desenvolvemento.

Así, os apoios poden cubrir ata o 95 % do salario neto dos expertos contratados e contan cun orzamento que supera os 570.000 euros. Como novidade, este ano as bases inclúen a subvención de contratos de prestación de servizos por xestores que sexan profesionais autónomos.

Tamén no eido do comercio exterior, o Igape vén de convocar as subvención por 400.000 euros coas que se prevé mobilizar 1 millón de euros na realización de estratexias de promoción e internacionalización de empresas do sector téxtil. A porcentaxe de apoio pode chegar ata o 40 %, no caso das microempresas.

Axudas para incentivar a formación. A través desta liña se pretende favorecer a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias compañías, no marco de proxectos promovidos por organismos intermedios empresariais, con preferencia para centros tecnolóxicos. Está dotado con preto de 700.000 euros.

Axudas para a selección de bolseiros. Un total de cen novos titulados conseguirán formación práctica especializada colaborando como bolseiros na implantación dos proxectos de mellora que se prevén impulsar en 2015, a través do programa Reacciona, en máis de 300 empresas, impulsando así o seu acceso ao mercado laboral.

Axudas para iniciativas abertas de difusión. Esta liña, dotada con preto de 800.000 euros, busca favorecer o desenvolvemento de eventos e proxectos dirixidos a incrementar a mellora competitiva das pemes, mediante xornadas técnicas ou encontros para difundir novas técnicas e metodoloxías, ou a facilitar encontros entre emprendedores e investidores privados, entre outros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies