Home / Actualidad / O IGVS apoiará a declaración de Recimil como Área de Rehabilitación Integral

O IGVS apoiará a declaración de Recimil como Área de Rehabilitación Integral

FERROL360 | Xoves 29 outubro 2015 | 21:19

O Instituto Galego da Vivenda e Solo ofreceulle este xoves ao concello de Ferrol apoio para a declaración dunha Área de Rehabilitación Integral no barrio de Recimil, a través da cal executar as actuacións de rehabilitación necesarias nas vivendas de propiedade municipal.

O director do IGVS, Heriberto García, ofreceulles respostas aos representantes do concello de Ferrol sobre as dúbidas de carácter técnico e administrativo, arredor do funcionamento das Áreas de Rehabilitación Integral, criterios de intervención e prazos das axudas, nunha xuntanza celebrada este xoves.

Trasladou tamén a vontade da Xunta de Galicia de que o programa de Áreas de Rehabilitación Integral continúe a ser una realidade en Galicia. Entre as dez áreas de rehabilitación declaradas en 2015 está incluída a de Esteiro Vello, no Concello de Ferrol, que xa este ano se beneficiará das axudas asignadas a través dos convenios asinados esta mesma semana.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies