Home / Cultura / Cine / O II Chanfaina ‘Lab celebrarase a primeira fin de semana do mes de setembro

O II Chanfaina ‘Lab celebrarase a primeira fin de semana do mes de setembro

FERROL360 | Xoves 30 xullo 2015 | 19:05

O departamento de Cultura de San Sadurniño e os promotores do Chanfaina ‘Lab, Manolo González e Carmen Suárez, están ultimando os detalles da segunda edición deste evento, que tera lugar a primeira fin de semana do mes de setembro.

Este encontro audiovisual aposta pola creatividade e a experimentación empregando como fío condutor o territorio e a xente de San Sadurniño. Segundo indican desde o Concello, o programa e os nomes participantes nesta segunda edición coñeceranse, previsiblemente, a mediados de agosto.

Por outra banda, o Chanfaina acaba de sumarse ao xermolo dunha coordinadora que pretende darlle maior visibilidade ás mostras e festivais audiovisuais que se desenvolven por toda Galicia. Na xuntanza, convocada pola Academia Galega do Audiovisual, participaron unha veintena de respresentantes das distintas entidades organizadoras.

A concelleira de Cultura de San Sadurniño, Sabela Íñiguez, explica que a reunión «foi unha primeira toma de contacto na que expuxemos cuestións comúns e posibles vías de cooperación entre os festivais». Así, acordouse poñer en marcha unha coordinadora e falouse sobre a necesidade de ter un calendario común e de prestarse apoio técnico e xurídico.

Tamén queren que este novo foro se constitúa como unha única voz diante das administracións. Desde a Academia Galega do Audiovisual indican que a nova coordinadora servirá para que os distintos certames aproveiten sinerxias, compartan experiencias e se reforcen mutuamente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies