Home / Deportes / O II Torneo de Fútbol Base Narón Freixo terá lugar do 5 ao 6 de setembro

O II Torneo de Fútbol Base Narón Freixo terá lugar do 5 ao 6 de setembro

FERROL360 | Sábado 6 xuño 2015 | 11:55

A S.D.C.R Narón Freixo organiza para os vindeiros días 5 e 6 de setembro a segunda edición do Torneo de Fútbol Base nas categorías de Benxamíns e Alevíns. O Estadio Municipal de Río Seco en Narón acollerá esta actividade na que participarán un total de 16 equipos en cada categoría.

Segundo informan desde o clube, asistirán ao Torneo escadras de Ferrol e comarca, ademais de equipos punteiros a nivel galego e dos equipos da S.D.C.R Narón Freixo. Está previsto que o sábado día 5 teña lugar a competición Alevín e o domingo 6 será o dia dos Benxamíns.

A intención da Sociedade é consolidar en próximas edicións este Torneo para conquerir que sexa un referente no Fútbol Base Galego.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies