Home / Ferrol / Moeche / O independente Xulio Cribeiro ? elixido novamente alcalde de Moeche

O independente Xulio Cribeiro ? elixido novamente alcalde de Moeche

Xulio Cribeiro, exalcalde de Moeche (foto: Ferrol360)
Xulio Cribeiro, exalcalde de Moeche (foto: Ferrol360)

ARY L?PEZ | Moeche | Venres 28 febreiro 2014 | 11:42

O Concello de Moeche ten novo rexedor dende este xoves. Trala recente renuncia ao cargo presentada por Julio L?pez, ocupar? o seu posto Xulio Cribeiro.

O que fora mandatario do municipio ata o ano 2008 e cabeza de lista de Progresistas por Moeche (Propomo), repite liderado na Alcald?a tras ser apoiado polo Partido Popular. Cribeiro recuperou o bast?n de mando con maior?a absoluta por cinco votos a favor fronte aos tres que recibiu a s?a rival, a nacionalista Beatriz Bascoy.

No cami?o quedou o popular Roberto Bouza, que malia amosar o seu interese en presentarse ? Alcald?a, finalmente retirou a s?a candidatura. Iso non impediu que o seu partido respaldara ? formaci?n pol?tica independente evitando as? que o BNG acadara o poder municipal.

Nun sal?n de plenos cheo, a porta aberta recib?a aos veci?os do municipio modestino para presenciar un feito case que hist?rico. Pero pouco tempo durou a expectaci?n xa que nos escasos dez minutos que durou o pleno os asistentes co?eceron o nome da persoa que gobernar? a s?a vila por, cando menos, un ano. Alg?ns abandoaron a sala manifestando con berros e insultos o seu descontento ante o resultado.

O curioso caso da Alcald?a de Moeche

O l?der de Propomo, que dende 1995 xa fora alcalde de Moeche polo Partido Popular, viuse obrigado a dimitir despois de ser acusado de malversaci?n de fondos p?blicos, denuncia da que posteriormente quedou absolto. Pero por aquel tempo, Cribeiro recibiu ademais o rexeitamento dalg?ns dos ed?s do seu propio grupo, que o invitaron a renunciar ao cargo en abril de 2008.

Nese momento foi substitu?do polo n?mero dous da lista, Julio L?pez, quen tam?n viviu nos ?ltimos anos a perda de confianza por parte dos membros do seu partido. Asemade, Xulio Cribeiro reco?eceu que L?pez era incapaz de continuar gobernando o municipio.

Deste xeito, coa maior?a da corporaci?n municipal na s?a contra, Julio L?pez abandoou a Alcald?a de Moeche o pasado m?rcores 19 de febreiro. Agora, novamente, Xulio Cribeiro ocupa o seu lugar. E faino integr?ndose no Partido Popular, do que, admite, nunca ?nos debimos ter ido?. Agradeceu tam?n a t?dolos seus compa?eiros, en especial aos membros do Partido Popular de Moeche ?pola s?a colaboraci?n na constituci?n deste grupo de goberno?.

Pola s?a banda, os tres concelleiros nacionalistas foron a lista m?is votada nas pasadas elecci?ns municipais pero nunca chegaron a gobernar salvo ?en funci?ns?. A s?a voceira e candidata ? Alcald?a, Beatriz Bascoy, sinalou tralo pleno que a vitoria de Cribeiro ?non nos colleu por sorpresa xa que esta xente pacta ao mellor postor pensando s? nos seus intereses persoais?. Considera que en Moeche ?non hai Partido Popular, vend?rono igual que o fixeron co propio Concello?. Bascoy advirte que de cara ao ano que v?n ?continuaremos mirando con lupa cada paso que dean porque co?ecemos os seus antecedentes e ademais hai moita xente descontenta?.

Xulio Cribeiro, que se negou a facer declaraci?ns a este medio, foi recibido ? sa?da da casa consistorial entre afrontas e aplausos.

No novo panorama pol?tico de Moeche ocupar?n o posto de primeiro e segundo tenente de alcalde, os populares Roberto Bouza e Mariluz L?pez, respectivamente.

Os asistentes ao pleno encheron o sal?n municipal (foto: Ary L?pez)

Os asistentes ao pleno encheron o sal?n municipal (foto: Ary L?pez)

Xulio Cribeiro, elixido novo alcalde do Concello de Moeche (foto: Ary L?pez)

Xulio Cribeiro, elixido novo alcalde do Concello de Moeche (foto: Ary L?pez)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies