Home / Deportes / O IV Torneo de Esgrima Antiga ‘Cidade de Narón’ celébrase este sábado

O IV Torneo de Esgrima Antiga ‘Cidade de Narón’ celébrase este sábado

FERROL360 | Venres 12 decembro 2014 | 19:35

O Pavillón Polideportivo Campo da Serra (Santa Icía) acollerá este sábado o IV Torneo de Esgrima Antiga ‘Cidade de Narón’, organizado pola Asociación Naronesa de Esgrima Antiga (ANEA) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón. A entrada é gratuita.

O programa deste torneo é o seguinte: ás 9:30 horas recepción dos participantes; ás 10:30 horas, clases de Iniciación Ropera (Ton Puey), Avanzada Mano e Media (Daniel Mablung López Varela); ás 11:45 horas, clases: Avanzada Ropera (Ton Puey), Iniciación Mano e Media (Daniel López).

Ás 13:00 horas, xogos de armas; ás 14:30 horas, comida; ás 16:30 horas, Torneo Ropera; ás 18:30 horas, Torneo Mano e Media e ás 20:30 horas entrega de trofeos e despedida.

A Esgrima Antiga é un arte marcial europeo que estuda a práctica e a teoría do uso civil das armas que se empregaban en Europa entre os séculos XII e XVIII. O torneo naronés, que cada ano gana en seguidores contará con máis de 50 tiradores de Galicia e Asturias.

Durante a mañá, os participantes poderán asistir ás clases impartidas por Maestros de prestixo internacional e nacional. As clases serán sobre Espada Ropera, a principal arma civil do século de oro e a Espada de Mano e Media, a máis característica deste arte marcial.

Ó longo do evento, os participantes disporán dun espazo habilitado para que poidan realizar asaltos de estudio, e comparar técnicas co resto dos participantes. Á tarde celebraranse os dous Torneos (de Espada Ropera e de Espada de Mano e Media) onde os practicantes de ambas modalidades poderán medir a súa técnica.

Ademáis, haberá unha exposición de simuladores de espadas, así como libros que se utilizan para practicar e investigar na actualidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies