Home / Ferrol / Narón / O luns abre o prazo de rexistro de acceso e reserva de entradas para as actividades do Gulliver Fest

O luns abre o prazo de rexistro de acceso e reserva de entradas para as actividades do Gulliver Fest

FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 17:38

O Gulliver Fest Narón, o festival da cultura viaxeira, quenta motores para a celebracion dunha nova edición na área recreativa de Pedroso. A cita terá lugar do 6 ao 8 de agosto, pero desde o luns xa se poderá realizar o rexistro de acceso e reservar as entradas, que son de balde, para as actividades previstas no festival.

A música correrá a cargo de The Soul Jacket, Kumpania Algazarr, Carla Green & The Demons e La Regadera o venres e sábado. As persoas que desexen asistir deben reservar as entradas na web do festival.

O sábado día 7, como novidade, haberá ás 9.00 horas unha carreira de orientación para a que tamén será preciso inscribirse na web. Para acudir ao resto de actividades do programa será preciso rexistrarse previamente para facilitar os datos.

Mentres, as prazas habilitadas tanto para a zona camper como para a de acampada están esgotadas.

Programación

O venres día 6, ás 16.00 horas, abrirase ao público a zona do festival e o programa centrarase nos concertos de The Soul Jacket e Kumpania Algazarr, que comezarán ás 20.00 e 22.00 horas, respectivamente.

Na xornada do sábado a programación arrancará coa primeira edición da carreira de orientación, prevista para as 9.00 horas, e continuará cunha clase de ioga media hora máis tarde. Gramola Gominola actuará ás 12.00 horas e ás 13.30 horas haberá sesión vermú.

Xa pola tarde poderase acudir á actuación de Circanelo, ás 16.00 horas, e ás charlas viaxeiras. Para as charlas está confirmada a asistencia de Babyvanglog, The social water, Mochileros e Lety Lagarda, quen falará das súas viaxes en solitario por países como Pakistán, Líbano ou Arabia Saudí.

Tamén o sábado haberá un obradoiro de creación de chapas ás 16.30 horas e Fanfarria Taquikardia actuará ás 18.00 horas. Os concertos da tarde-noite correrán a cargo de Carla Green & The Demons e La Regadera ás 20.00 e 22.00 horas, respectivamente.

Finalmente o domingo haberá clase de ioga ás 9.30 horas, unha hora máis tarde tamén se levará a cabo un obradoiro para camperizar furgonetas e desde as 11.00 horas se celebrarán competicións de xogos tradicionais.

Un obradoiro the social water ás 11.30 horas e música cunha sesión vermú ás 13.30 con Jin Tony´s Son Band pecharán o festival.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies