Home / Cultura / O Mago Antón estará este venres en Narón con ‘A volta a Galicia en 313 concellos’

O Mago Antón estará este venres en Narón con ‘A volta a Galicia en 313 concellos’

FERROL360 | Xoeves 21 xuño 2018 | 9:21

O Padroado da Cultura de Narón programou para este venres unha nova sesión do espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos, protagonizado polo Mago Antón. A cita terá lugar na rúa Francisco Pizarro, na Solaina.

Haberá catro funcións, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas e as entradas dispoñibles poden recollerse, de balde, en varios establecementos do barrio da Solaina. O aforo está limitado a setenta persoas por función, ao ser esa a capacidade do magomóbil no que se desenvolven as mesmas, dirixidas a todo tipo de públicos.

Os asistentes terán a oportunidade de desfrutar dun divertido espectáculo no que os xogos de maxia sorprenderán a nenos e maiores. O Mago Antón buscará a implicación de todas as persoas que se suban ao magomóbil, un autobús caracterizado para este espectáculo e co que percorre diferentes municipios de Galicia con esta proposta cultural.

Tralas citas da Gándara e A Solaina, o Padroado da Cultura de Narón, en colaboración co Agadic, ofrecerá tamén este espectáculo o vindeiro día 29 de xuño na parroquia de Xuvia.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies