Home / Ferrol / San Sadurniño / O mes de setembro traerá un novo programa de conciliación familiar a San Sadurniño

O mes de setembro traerá un novo programa de conciliación familiar a San Sadurniño

FERROL360 | Luns 12 agosto 2013 | 16:32

‘Setembro Concilia’ é o novo programa lúdico e educativo que o Concello de San Sadurniño desenvolverá durante a primeira semana de setembro.

Para despedirse das vacacións do verán e antes de dar a benvida ao curso escolar, os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán acudir á Casa da Cultura desde o luns día 2 e ata o venres 6, en horario de nove e media da mañá a dúas da tarde. Algunhas das actividades que poderán realizar son obradoiros de globoflexia, xogos deportivos e piscina ou lecturas colectivas.

O prazo das solicitudes está aberto desde este luns e ata o vindeiro martes 27 de agosto. Terán preferencia as familias empadroadas no concello de San Sadurniño ou aquelas que manifesten unha vinculación laboral co municipio. Os prezos son de 20 euros polo primeiro membro da unidade familiar, 13 polo segundo e 6 euros polo terceiro e sucesivos.

O pago realizarase no momento en que se confirmen as prazas, que serán un total de doce e adxudicaranse por orde de inscrición.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies