Home / Ferrol / Mugardos / O museo de Caldoval amplía o seu horario nos meses de verán

O museo de Caldoval amplía o seu horario nos meses de verán

FERROL360 | Mércores 5 xuño 2019 | 20:39

O Centro de Interpretación de Caldoval de Mugardos entra na campaña de verán polo que amplía desde o horario así comos os días de apertura. Deste xeito, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, o xacemento romano estará aberto cun horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas, de martes a domingo.

As visitas guiadas, de balde, serán de xoves a domingo, polas mañás e polas tardes. Aproveitando esta recta final do curso escolar o museo continuará a realizar actividades didácticas, combinando visitas guiadas e obradoiros centrados na vida cotiá e os traballos da antiga Roma.

Así, estes días hai diferentes talleres que os centros educativos poden escoller para complementar a visita ao “balneum” do século I d.C. atopado na enseada de Santa Lucía.

Entre estes talleres temos os seguintes: «Pintores de Roma», «Artista dos mosaicos», «Ludi Romani», «A cociña de Apicio», «O perfume do César» e «Un día na palestra».

Aínda queda tempo para que os escolares poidan disfrutar destes talleres incluidos no programa de visitas escolares. Para facer a reserva só é preciso escribir ao correo info@museocaldoval.gal ou chamar ao teléfono 687 072 116.

Visitas guiadas gratis
En todo caso, durante a tempada estival o museo estará aberto e temos a posibilidade de participar nunha visita guiada feita por unha persoa experta en patrimonio e turismo.

O horario destas visitas guiadas de balde ten o seguinte horario: de xoves a domingo ás 11:00, 13:00, 18:00 e 19:00 horas.

A maiores de todo o anterior, poderanse realizar outras actividades pensadas para as familias como o xogo de pistas «O Tesouro de Caldoval» ou os obradoiros que terán lugar de xoves a domingo baixo reserva en horario de 12:00 e 18:00 horas.

En caso de dúbida ou que queiramos consultar máis información podemos consultar o seguinte enlace.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies