Home / Actualidad / O novo centro de saúde de Ares a debate este xoves no Parlamento Galego

O novo centro de saúde de Ares a debate este xoves no Parlamento Galego

FERROL360 | Mércores 15 abril 2015 | 16:05

O BNG presentou no mes de febreiro unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que pedía a concreción de datas e investimentos para a execución do novo centro de saúde de Ares por parte da Xunta de Galicia. A proposta debetirase este xoves na comisión de Sanidade a partires das 10:30 horas.

Os nacionalistas lembran que os veciños de Ares levan desde o ano 2007 agardando a execución deste proxecto e que naquel ano xa se puxeron a disposición da Xunta os terreos necesarios para levalo a cabo. Asimesmo, desde o BNG critican que o alcalde da localidade e representantes da Xunta anunciaron o comezo das obras no primeiro trimestre do 2014, pero aínda non arrancaron.

Os nacionalistas entenden este proxecto coma unha das prioridades da cidadanía de Ares e por iso levan presentadas diversas iniciativas, tanto no Parlamento como recollida de sinaturas, ao longo deste anos. Con esta última esperan conquerir un compromiso da Xunta con datas e investimentos concretos.

Publicidad

banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies