Home / Cultura / O Oenach Atlántico repite éxito de público un ano máis

O Oenach Atlántico repite éxito de público un ano máis

FERROL360 | Luns 1 agosto 2016 | 10:14

O Oenach Atlántico de Sedes é unha das citas máis importantes no calendario festivo da comarca e nesta XVIII edición amosou, unha vez máis, que é sinónimo de éxito. Centos de persoas participaron durante toda a fin de semana nas actividades programadas no recinto feiral do Trece.

«Un ano máis, estamos moi satisfeitos co gran respaldo que tiveron as diversas actividades organizadas con motivo desta décimo oitava edición do Oenach Atlántico de Sedes», asegurou Marián Ferreiro, concelleira de Cultura de Narón.

Ferreiro salientou, ademais da gran afluencia de xente, o papel e o traballo da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes, que organiza conxuntamente co Concello esta cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Os obradoiros para os nenos tiveron unha moi boa acollida, mentres que os maiores gozaron co teatro, a música, o mercadiño e a gastronomía. «É unha satisfacción ver que a xente, moita veciña de Narón e de concellos da comarca, pero tamén outra chegada de diferentes localidades, goza deste tipo de convocatorias», indicou a concelleira de Cultura.

Unha convocatoria, engade Ferreiro, que «nos permite pasar unha boa xornada e, ao tempo, recordar cómo vivían os nosos ancestros na época castrexa, no que constitúe un evento co que valorar as nosas raíces en particular e, neste caso, en xeral, a cultura castrexa en Galicia».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies