Home / Cultura / O Padroado da Cultura amplía o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais ata o venres

O Padroado da Cultura amplía o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais ata o venres

FERROL360 | Martes 4 outubro 2016 | 17:22

O Padroado da Cultura de Narón prolonga ata este venres 7 de outubro o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais para o curso 2016-2017, por mor da elevada demanda que se está a rexistrar.

Nas Escolas tradicionais, poderase elixir entre as de: Danza tradicional ou Canto e pandeireta -para nenos a partir de 5 anos-; Gaita ou Percusión tradicional -desde os 6 anos-; Acordeón e Zanfona -a partir de 8 anos-; Construción de instrumentos -desde os 16 anos- e O Recuncho dos Pequechos -para menores de 3 e 4 anos-.

As modalidades ofertadas a través das Escolas Artísicas son: Teatro -a partir de 4 anos- e Debuxo -desde 6 anos-. Así mesmo, impartiranse cursos de Acceso na Escola de Formación de Actores e Actrices -a partir de 16 anos-.

As persoas interesadas en asistir a algunha das escolas culturais, tanto de corte tradicional como artístico, poderán anotarse ata o 4 de outubro nas oficinas do Pazo da Cultura, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 e desde as 17:00 ata as 19:00 horas, tamén os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

O prezo é de 63,10 euros ao ano por cada un destes cursos, podendo aprazar o pago as persoas que se matriculen en tres escolas ou máis. No caso da Escola de Actores e Actrices, as matriculacións para cada un dos tres cursos que se imparten teñen un prezo de 208 euros e a actividade de Bailes de Salón custa 31,60 euros a matrícula, sendo preciso neste último caso pagar unha cuota de 15 euros ao mes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies